Esta é unha lenda que escoitei varias veces, a última que lembro de boca do avó da miña muller, trátase dun suceso contado como verídico, neste caso ocorrido ao irmán do narrador:
"Estando meu irmán durmindo no monte sentiu como algo lle facía cóxegas debaixo da nariz, esto despertouno, e puido ver que o que lle facía cóxegas era un lagarto e que cerca andaba unha víbora: o lagarto fora avisalo de que se estaba achegando a víbora, gracias ao lagarto pudo escapar ".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Benvido Ricardo:
ResponderEliminarComa sempre, os lagartos son amigos dos homes que os avisan dos perigos das cobras e víboras, das que son enemigos. Pola contra, as mulleres non se levan ben cos lagartos e suben polas súas pernas para atacalas.
A ver se Anxos se anima a excribir dunha lenda do señor Antonio da Gudiña. Tamén fala dos lagartos (Lacerta schreiberi) e as mulleres.
Unha aperta.
Por certo, para ubicar a lenda, o avó de Lorena criouse en Mera.
ResponderEliminar